Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Tradición clásica e modernidade creadora II
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B3 Capacidade no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos e literarios.
B7 Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias.
C1 Capacidade para elaborar textos críticos, de erudición ou creativos en distintos formatos no ámbito literario empregando as ferramentas e conceptos dos estudos literarios.
C3 Coñecemento da evolución das formas, medios e xéneros da creación literaria nas literaturas do grao.
C4 Coñecemento da periodización e sistematización dos movementos literarios e capacidade para distinguir e clasificar as obras dentro deses períodos e movementos.
D1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000