Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Gramática do español: Da palabra ao significado
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Entrega de varios exercicios ao longo do curso. 30 A2
B7
Traballo tutelado Presentación dun traballo escrito sobre un tema relacionado coa materia. 30 B2
B3
B7
C8
C11
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame: pregunta(s) aberta(s) sobre temas do programa. 20 A5
B2
C8
C14
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame: exercicios, actividades e problemas. 20 A2
B7
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE
ACTAS

Avaliación continua

Non se esixe asistencia a clase para acollerse ao sistema de
avaliación continua; con todo, a materia é presencial: é responsabilidade do
alumnado, asista ou non a clase, manterse ao tanto da materia (e das novidades
ou axustes que se poidan producir ao longo do curso) a través do contacto co profesorado e da plataforma MOOVI. A avaliación estrutúrase en tres partes:



1. Entrega de exercicios (30%)



2. Traballo tutelado (30%)



3. Exame (40%). Neste exame, que terá lugar na data prevista
no calendario oficial da Facultade, concéntranse as partes da avaliación
definidas como "exame: preguntas abertas" e "exame: exercicios, actividades e problemas".



A información sobre as datas de entrega dos exercicios e o traballo tutelado, así como as instrucións para abordalos, estará dispoñible en
MOOVI.

Avaliación única

O alumnado que opte pola avaliación única deberá superar as
tres partes da avaliación (entrega de exercicios, traballo tutelado e exame) na
data oficial de exame sinalada pola Facultade. O alumnado que opte por este
sistema deberá comunicalo por escrito (correo electrónico) ao profesorado antes do
1 de marzo. De non comunicar nada, enténdese que se opta por avaliación
continua.

SEGUNDA EDICIÓN DE
ACTAS

Quen non alcancen o aprobado na primeira oportunidade poderán
presentarse en xuño ou xullo, na data oficial correspondente. Ademais de facer
o exame (que nesta ocasión valerá o 70% da nota) terán que entregar tamén o traballo tutelado (que valerá o 30% da nota). 

IMPORTANTE

Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha
cualificación de polo menos 4 puntos (sobre 10) no exame. De non
cumprirse este requisito, aínda que a suma das partes alcance ou supere o
5 (sobre 10), a alumna ou alumno non superará a materia.

Nas probas de
avaliación non só se terá en conta a adecuación e calidade dos contidos, senón
tamén a corrección lingüística e o rigor académico.

No caso de que se
detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta cualificarase cun cero.

O alumnado erasmus interesado en cursar a materia
deberá ter presente que resulta altamente recomendable ter un nivel de lingua
española igual ou superior a C1.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000