Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Gramática do español: Da oración ao discurso
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Debate Trátase de tres debates realizados a partir de tres lecturas seleccionadas pola persoa docente. O alumnado debe redactar un resumo, unha pequena valoración crítica e formular cinco preguntas para cada debate (e subir ese documento a Moovi nos prazos indicados ao longo do curso). 30 A2
A4
B2
B7
C8
Resolución de problemas Ao longo do cuadrimestre proporanse distintos problemas e actividades para resolver dentro da aula. Os días en que se vaian a realizar ese tres actividades avaliadas anunciaranse con antelación na aula ou a través de Moovi. 30 A2
A4
B7
C8
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Ao final do cuadrimestre realizarase unha proba na que se desenvolvan algúns dos contidos da materia dende unha perspectiva teórica e práctica. 40 A2
A4
B2
B7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1ª EDICIÓN DE ACTAS (DECEMBRO 2023-XANEIRO 2024)

Avaliación continua
É obrigatorio realizar e entregar no prazo establecido as probas marcadas na avaliación. As actividades e problemas non realizados na aula nos días indicados non se avaliarán. A data de celebración do exame coincidirá co día fixado no Calendario de exames establecido pola facultade e publicado na web da FFT. A cualificación na primeira edición de actas dos alumnos e alumnas que opten pola avaliación continua corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso (debate, problemas e exame). Para superar a materia será necesario obter como mínimo un 4,75 (sobre 10) en total.

Avaliación única
Neste caso, a avaliación realízase mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar ao final do cuadrimestre, na data fixada no Calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade e publicado na web da FFT. A data desta proba coincidirá na primeira edición das actas coa data na que se realizará o
exame para os discentes que opten pola avaliación continua. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito á asistencia. Recoméndase ao alumnado que escolla esta modalidade de avaliación que consulte regularmente os documentos que se irán colgando en Moovi e que acorde titorías regulares coa docente.

2ª EDICIÓN DE ACTAS (xullo 2024)

Na segunda edición de actas a avaliación levarase a cabo exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. Os alumnos e alumnas que non acadasen o aprobado na modalidade de avaliación continua e que se presenten nesta oportunidade de xullo deben ter en conta que non se gardarán en ningún caso as notas das probas de avaliación continua.

O estudantado Erasmus poderá realizar as probas coa axuda dun dicionario.

Tanto no exame coma nas actividades propostas ao longo do curso penalizaranse os erros na expresión.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000