Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Oralidade, textos e contextos na España medieval
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Nas primeiras horas lectivas asignarase un traballo a todo o alumnado matriculado, que versará ao redor dalgunha das obras de lectura obrigatoria.

Así mesmo, darase conta do prazo de entrega e explicarase a metodoloxía requirida para realizalo, a estrutura e as pautas formais de redacción e entrega do mesmo. Será preciso, ademais, concertar polo menos unha *tutoría antes da súa entrega.
30 A1
B7
C3
C11
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliarase a capacidade do alumnado na exposición e desenvolvemento dun comentario de textos literarios ao redor dalgunha das obras de lectura obrigatoria. Para iso, realizarase unha proba escrita na data marcada nos primeiros días lectivos, que consistirá na realización dun comentario literario de textos completo, de acordo coas explicacións expostas na aula. 40 A1
A5
B7
C3
C4
Resolución de problemas e/ou exercicios En data determinada nos primeiros días lectivos realizarase unha proba escrita na aula consistente na posta en práctica dos coñecementos adquiridos nas sesións prácticas lectivas. De maneira particular, en forma de breves análises de aspectos particulares (métrica, análise estilística) ao redor dun texto literario. 30 A1
A5
B7
C3
C4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Na primeira convocatoria de actas o alumnado pode optar por avaliación continua (que resultará da aplicación do arriba exposto) ou avaliación única. Neste úlltimo caso, habrá un exame que dará conta do temario oficial e equivaldrá ao 100% da calificación.
Quen teña que acudir á segunda oportunidade ou posteriores será avaliado cunha única proba, que equivaldrá ao 100% da calificación, na data fixada oficialmente pola Xunta de Facultade. Consistirá nun exame no que será obrigatorio aprobar a realización dun comentario literario de textos, sobre algunha das obras de lectura obrigatoria. Ademais, contará cunha ou varias preguntas breves sobre aspectos particulares, prácticos ou teóricos, relacionados co temario da materia.

Lémbrase a importancia para todas as probas da corrección lingüística. Así mesmo, a copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de proba levará a ser calificaco cun 0. Alegar descoñecemento do que supón o plaxio non eximirá das responsabilidades derivadas neste aspecto.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000