Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Oralidade, textos e contextos na España medieval
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nas primeiras horas de docencia presencial están previstas sesións informativas para aclarar ao alumnado a metodoloxía relativa á materia: tarefas, lecturas obrigatorias (a lista será entregada o primeiro día lectivo) e sistema de avaliación.
Lección maxistral Nas clases teóricas presentarei ao alumnado cada un dos temas de forma organizada, proporcionando a bibliografía precisa. Para cada tema entregarase, a través de Moovi, o desenvolvemento dos capítulos e subcapítulos, así como a indicación das edicións recomendadas e as lecturas que correspondan.
Seminario Análise pormenorizada de aspectos relevantes para o desenvolvemento da materia, como a práctica do comentario literario, a análise métrica ou retórica das lecturas do programa. Ademais, nos seminarios revisarase a marcha dos traballos e da propia materia.
Eventos científicos Está prevista polo menos unha conferencia (presencial ou en liña), que se planifica con tempo suficiente para que o alumnado poida coñecer a quen a imparte, as súas principais liñas de investigación e o contido da charla, da que haberá de entregar despois un pequeno resumo valorativo.
Traballo tutelado O alumnado haberá de entregar, en data fixada con antelación, un traballo tutelado tanto nas clases presenciais como en titorías concertadas. Nas sesións de introdución especificarase, en función do número de alumnado matriculado, o tema, a metodoloxía de análise e a data de entrega.
Resolución de problemas Como complemento ás clases maxistrais ou teóricas, boa parte da docencia presencial estará dedicada á resolución de cuestións de carácter práctico, especialmente as relacionadas coa práctica do comentario literario nos seus diferentes aspectos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000