Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lexicografía, semántica e ontoloxías do español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Trátase dunha exposición oral formal sobre un tema previamente desenvolvido. A duración da exposición concretarase na clase en función do número de alumnado que opte pola avaliación continua. 25 A3
A5
B3
B5
C11
Resolución de problemas de forma autónoma Trátase de probas escritas propostas na aula sobre os contidos da materia, en especial sobre as lecturas recomendadas en clase. 25 A5
B9
C7
C8
Debate A actividade consiste nun debate realizado na aula a partir dunha lectura escollida previamente (dispoñible en Moovi). Tres días antes do debate, o alumnado deberá subir un documento a Moovi cun resumo da lectura, unha avaliación crítica e a formulación de cinco preguntas sobre o tema abordado. 25 A3
A5
B5
B9
C7
C8
Traballo tutelado Traballo escrito sobre un tema de semántica que será subido a Moovi no apartado da actividade no prazo indicado. 25 A3
A5
B5
C7
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Este é o método recomendado de avaliación e o máis adecuado. O alumnado deberá cumprir cos catro apartados de dita avaliación.

Avaliación única

Aquel alumnado que, por algunha causa, prefira a avaliación única, fará un exame ao final do cuadrimestre na data oficial que indica a FFT.

Segunda edición de actas

O alumnado que teña que presentarse a esta edición terá que entregar nas datas que marque a FFT o traballo escrito sobre un tema de Semántica (25%) e facer unha presentación oral na data establecida pola profesora (25%). O 50% restante será avaliado por un exame escrito.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000