Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lexicografía, semántica e ontoloxías do español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación dos resultados esperados, contidos e forma de avaliación tanto continua como única.
Lección maxistral Exposición por parte das docentes dos contidos da materia.
Presentación Trátase dunha exposición oral formal sobre un tema previamente desenvolvido. A duración da exposición concretarase na clase en función do número de alumnado que opte pola avaliación continua.
Resolución de problemas de forma autónoma Trátase de probas escritas propostas na aula sobre os contidos da materia, en especial sobre as lecturas recomendadas en clase.
Debate A actividade consiste nun debate realizado na aula a partir dunha lectura escollida previamente (dispoñible en Moovi). Tres días antes do debate, o alumnado deberá subir un documento a Moovi cun resumo da lectura, unha avaliación crítica e a formulación de cinco preguntas sobre o tema abordado.
Traballo tutelado Traballo escrito sobre un tema de semántica.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000