Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Galego: Relacións sintácticas e construción do texto
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Gramática práctica galega/V01G430V01201
 
Outros comentarios
-Para poder seguir esta materia precísase ter un coñecemento elevado do galego, polo menos un B2. Debería ter cursado a materia de Gramática práctica galega de 2º curso. -A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. -Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. -É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións etc.) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización de probas. -O primeiro día de clase o profesor fornecerá unha bibliografía básica de traballos sobre sintaxe e construción do texto do galego, dos cales o alumnado poderá elixir algúns para resumir, como alternativa ós indicados polo profesor. Así mesmo, ó longo do curso iranse fornecendo outras referencias bibliográficas específicas alén das recollidas nas fontes de información.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000