Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Galego: Relacións sintácticas e construción do texto
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valórase a asistencia ás clases maxistrais, sempre que a presencialidade sexa máis do 80%, así como a participación activa nelas con intervencións e comentarios. 5 A3
B2
B9
C8
C14
Resolución de problemas Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar obrigatoriamente a análise sintáctica de 4 textos propostos polo profesorado, o resumo crítico de 3 artigos da "Bibliografía", antes do exame escrito (un dos artigos deberá ser exposto oralmente na aula), e a redacción de 3 textos de diferente tipo. Tamén se valorará a participación activa na resolución e comentario das diferentes
actividades que se fagan na aula.
40 A4
B2
B3
C8
C10
C14
D1
Traballo tutelado O traballo, individual e titorizado, é obrigatorio para todo o estudantado. A carga de traballo que supoña será proporcional ó seu valor (1,35 créditos). A data límite de entrega coincidirá coa data oficial do exame (en cada unha das dúas edicións das actas).
15 A3
B2
B3
C8
C10
C11
C14
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha única proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos da materia na última semana de clase. É necesario aprobalo para superar a materia. 40 A4
B2
C8
C10
C14
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia, aínda que se recomenda a primeira delas:

a) AVALIACIÓN CONTINUA, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. O traballo titorizado débese entregar, como moi tarde, na data do(s) exame(s) oficiais da materia na FFT. É obrigatoria, antes do último día de clase, a entrega dos 3 resumos críticos das lecturas de 3 artigos da bibliografía (un dos artigos deberá ser exposto oralmente na aula). É tamén obrigada, antes das datas límite que o profesor indique, a entrega de 3 redaccións de textos de diferente tipo e de 4 análises sintácticas. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba (que se deberán superar de xeito independente). En todo caso, para superar a materia na 1ª convocatoria de maio, o/a alumno/a polo menos deberá ter aprobados os apartados "Exame de preguntas de desenvolvemento", que se celebrará a última semana de clase, a resolución de problemas e o traballo titorizado. De non superar a materia na 1ª convocatoria de maio, o/a alumno/a deberá repetir na 2ª convocatoria, en xuño, as actividades de avaliación non superadas e, obrigatoriamente, o "Exame de preguntas de desenvolvemento" se non estiver aprobado, na data oficial que dispoña o calendario oficial de exames da FFT. 

No caso de que o/a alumno/a renuncie á "Avaliación continua" ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema de "Avaliación única".

b) AVALIACIÓN ÚNICA. O alumnado que non opte polo sistema de "Avaliación continua", para superar a materia na 1ª convocatoria de maio deberá: (1) examinarse sobre todos os contidos da materia nun "Exame" final único escrito (7,75 p.), que se realizará na data oficial que dispoña o calendario oficial de exames da convocatoria de maio; (2) entregar obrigatoriamente o "Traballo tutelado" (1,5 p.) e (3) ese mesmo día facer unha exposición oral dun artigo da bibliografía da materia (0,75). Para poder superar a materia débense aprobar as tres partes de maneira independente. Na 2ª convocatoria de xuño, o alumnado deberá facer as tres mesmas probas ca na convocatoria de maio, na data oficial disposta pola FFT, ou no seu caso repetir as non superadas ou non entregadas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000