Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Galego: Relacións sintácticas e construción do texto
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Son as horas que o docente dedicará a expoñer contidos da materia e as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios ou análises sintácticas que deberá facer o alumnado.
Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material, o alumnado leve previamente traballado ese material. Boa parte deste irase colgando na plataforma de ensino virtual MOOVI.
Resolución de problemas Refírese ás actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados cos contidos da materia, así como resumos de lecturas que complementan as leccións maxistrais. Préstase especial atención á análise sintáctica de textos en árbore, ó comentario gramatical argumentado de construcións sintácticas problemáticas en canto á súa interpretación e á redacción e corrección morfosintáctica de textos de diferente tipoloxía.
Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados. Boa parte deles iranse colgado na plataforma MOOVI.
Traballo tutelado O/A estudante, de maneira individual, elaborará un traballo guiado sobre os marcadores discursivos.
Actividades introdutorias Son as explicacións e actividades que se realizan o primeiro día de clase dedicadas a expoñer os obxectivos, a avaliación, as principais tarefas do curso (lecturas e traballos obrigatorios, redaccións) e a bibliografía da materia.
Eventos científicos Refírese a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes
de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia ou relacionados con
ela.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000