Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Galego: Os sons da lingua
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valórase a asistencia ás clases maxistrais, sempre que a presencialidade sexa máis do 80%, así como a participación activa nelas con intervencións e comentarios. 5 A1
A5
B1
B8
B9
C13
D2
Resolución de problemas Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o alumnado deberá entregar nas datas indicadas a transcrición fonética estreita de 4 textos propostos polo docente e, obrigatoriamente, o resumo crítico
de tres artigos (antes do último día de clase) que se indicarán na bibliografía que se comentará o primeiro día de clase. Un deses artigos deberá ser exposto oralmente na aula, que se evaluará xunto ó "Exame oral". Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades.
30 A2
A4
B2
B4
B6
B7
B9
C10
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha proba escrita de resposta curta a mediados do cuadrimestre sobre os contidos teórico-prácticos da primeira parte da materia. Haberá que aprobar este exame para superar a materia. 15 A1
A2
B1
B7
C10
D2
Exame oral Constará de dúas partes. 1) Proba oral na que, a partir dun exame guía que facilitará o profesor, o alumnado terá que demostrar o dominio articulatorio e perceptivo dos sons do galego. 2) Exposición oral (8-10 minutos) do contido dun artigo da bibliografía da materia, na que se avalía a soltura de exposición en lingua galega, a corrección gramatical e léxica e, especialmente, o dominio dos trazos fónicos e prosódicos definidores do galego. Estas probas poderán ser presenciais ou entregadas nun formato dixital de video ou audio. Realizaranse na última semana de clase. Para aprobar a materia é necesario obter máis dun 5 (sobre 10) nesta parte. 10 B8
B10
C10
C13
D1
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha proba escrita na última semana de clase sobre os contidos teórico-prácticos da materia, que deberá ser aprobado para superar a materia.
Existe a posibilidade de substituír este "Exame de desenvolvemento" por un "Traballo tutelado obrigatorio", que versará sobre a transcrición e comentario fonéticos dun texto oral do galego. Daranse máis explicacións o primeiro día de clase. Este traballo obrigatorio entregaríase o último día de clase.
40 A4
A5
B1
B2
B4
B6
B8
B10
C10
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous
sistemas de avaliación da materia:



a) Avaliación continua, para o alumnado que asista
regularmente ás clases, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas
polo profesor en tempo e forma. É obrigatorio entregar os tres resumos de
bibliografía antes do último día de clase, se non, non se poderá realizar o "Exame
de preguntas de desenvolvemento". A puntuación final da materia obterase da
suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. En todo caso, o/a
alumno/a deberá ter aprobado os apartados de "Exame de preguntas
obxectivas" (que se realizará a mediados do cuadrimestre), "Exame de
preguntas de desenvolvemento" e "Exame oral" (que se realizarán ambos na última
semana da clase). De non superar a materia na convocatoria
de maio
, o alumnado deberá repetir os "Exames" non superados na convocatoria
de xuño
. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou
incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua pasará a ser
avaliado polo sistema de "Avaliación única".

b) Avaliación
única.
O alumnado que
non opte polo sistema de "Avaliación continua", para superar a
materia na convocatoria de maio deberá entregar obrigatoriamente un "Traballo titorado" (20% da nota final) o día do exame escrito final e examinarse sobre todos os contidos da materia nun "Exame escrito final único" (70%), que se celebrará na data que dispoña o calendario oficial de exames da Facultade; ese mesmo día farase tamén
un exame oral (10% da nota), que consistirá na
exposición oral dos contidos dun artigo da bibliografía da materia. De non
superar a materia en maio, o alumnado deberá repetir as partes suspensas na convocatoria de xuño, na data que dispoña o calendario oficial de exames da Facultade.
O/A alumno/a deberá superar obrigatoriamente o exame oral para aprobar a
materia. O "Traballo
titorado" consistirá
na gravación, transcrición e comentario dun texto do galego oral. Haberá que poñerse
en contacto co profesor para máis detalles deste traballo. Os/as alumnos/as que
opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías
cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000