Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Galego: Os sons da lingua
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Son as horas que o docente dedica a expoñer contidos da materia e as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios, comentarios e transcricións fonéticas que deberá facer o alumnado. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material o alumnado traia previamente traballado ese material. As exposicións do profesor serán subidas maioritariamente á plataforma de ensino virtual MOOVI.
Resolución de problemas O docente proporá actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados con
contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase especial atención á
transcrición e comentario fonéticos de textos de diferente tipo e rexistro así como á práctica fónica. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados.O profesor dará indicación daqueles que son avaliables. Estas actividades estarán dispoñibles no MOOVI.
Actividades introdutorias Son actividades e explicacións que se realizan o primeiro día da clase, encamiñadas a expoñer os obxectivos e presentar os contidos e principais tarefas do curso así como a bibliografía da materia.
Especificamente pídese ó alumnado a familiarización o antes posible cos símbolos fonéticos do AFI,
dos cales se reparte material de estudo ese día.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000