Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Galego: Os sons da lingua
   Contidos
Tema Subtema
Sons, fonemas e grafías, e a súa representación en galego -Análise dos sons: fonética e fonoloxía. Fonética articulatoria, acústica e perceptiva.
-O aparello fonador e a produción do sons. Descrición articulatoria. Transcrición dos sons: os alfabetos fonéticos.
-O sistema fonolóxico: delimitación e descrición dos sons funcionais do galego.
-Os laboratorios de fonética e a súa aplicación.
Os modelos fónicos do galego -Galego tradicional vs. novas variedades urbanas do galego. O estándar fónico.
-Materiais para o estudo e definición dun modelo fónico do galego: diccionarios de pronuncia, atlas lingüísticos, corpus orais, programas de radio e TV, conversores de texto voz etc.
O sistema vocálico
-Unidades fonolóxicas e a súas realizacións nas posicións tónica e átona.
-Principais fenómenos e procesos de variación das vogais (modificación, supresión e adición).
O sistema consonántico
-Unidades fonolóxicas e as súas realizacións.
-Principais fenómenos de variación nas oclusivas (grupos cultos, gheada), sibilantes (seseo, rotacismo, aspiración, despalatalización, palatalización), nasais (a nasal velar), laterais (deslateralición, velarización) e vibrantes (metáteses).
A sílaba. Ditongos e hiatos. -Concepto, estructura e tipos de sílaba máis frecuentes en galego.
-Ditongos, tritongos e hiatos. Definición e caracterización.

A prosodia do galego -Fonética sintáctica: encontros dos sons na cadea fónica. Principais fenómenos: elisións, contraccións, epénteses, coarticulacións.
-Os patróns melódicos das distintas variedades do galego.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000