Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  O galego e a súa variación sociodialectal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado O/a alumno/a escollerá un aspecto do temario para facer un traballo obrigatorio que entregará a final de curso e, se quere, tamén un voluntario que deberá entregar a mediados de curso.
Actividades introdutorias O primeiro día realizarase un percorrido explicativo polos eixes temáticos, metodoloxías e bibliografía da materia. Entregarase o cronograma.
Os discentes coñecerán os temas sobre os que poderán realizar os traballos escritos de curso.
Darase unha breve panorámica xeográfica (para a variación diatópica) e histórica contemporánea (para a variación diatópica e diafásica).
Resolución de problemas Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios ou comentarios relacionados cos contidos da materia. Serán complementarios á lección maxistral.
Lección maxistral O docente exporá os contidos da materia, bases teóricas relacionadas con elas, directrices, explicacións e comentarios para a realización de exercicios prácticos etc. Aconséllase levar ao día os contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000