Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua de signos española II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Elaboración e análise dun repertorio de signos seguindo premisas fonolóxicas, morfolóxicas, sintácticas e léxicas 20 A4
B2
C15
Prácticas con apoio das TIC 1. Lectura e escritura de signos en Signoescritura (co apoio do editor Delegs)

2. Búsqueda e análise de signos estándar e variantes en diccionarios de LSE (Spread the sign, DILSE)
20 A5
B2
B9
C15
D1
Traballo tutelado Comprensión de textos signados: tipoloxía, rexistro, contidos 20 A2
A5
B9
C13
C15
D1
Presentación Realización dunha presentación completa : datos persoais, descripción, familia, formación e ocio. 20 A2
A4
A5
B9
C13
C15
D1
Autoavaliación PEL
Biografía: As nosas experiencias coa lingua. ¿Cómo estou aprendendo? ¿Cómo valoro os coñecementos adquiridos?
Dossier: ¿Que son quen de facer en LSE? Selección de traballos feitos ao longo do curso.
Pasaporte: Resumo das actividades feitas no curso Autoavaliación: ¿que aprendín a facer en lingua de signos?
20 A2
A4
A5
B6
B9
C13
C15
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. AVALIACIÓN CONTINUA

O alumnado ten que seguir a dinámica da materia para poder acollerse a esta modalidade, polo que é obrigatoria a asistencia ás clases prácticas. Ademais, para poder ser calificado nesta modalidade, haberá que entregar ou realizar todas as probas nas datas indicadas

A avaliación consistirá na realización dos traballos estipulados polos docentes e seguirán as seguintes premisas:

PEL: autoavaliación da aprendizaxe, reflexión sobre o proceso formativo e sobre as estratexias empregadas para que a aprendizaxe teña éxito, pero tamén para fomentar a conciencia lingüística e o respecto cara a diversidade.

EXPRESIÓN SIGNADA: capacidade para facer unha presentación breve efluida, con corrección gramatical, cunha boa articulación dos parámetros formativos dos signos, con cohesión e con interacción co resto do alumnado

COMPRENSIÓN DE TEXTOS SIGNADOS: capacidade para identificar as ideas principais dos textos e formarse unha idea do contido principal do texto.

ANÁLISE DA LSE: comprensión dos rasgos lingüísticos básicos da LSE e capacidade para analizar os diferentes compoñentes da estructura lingüística dunha lingua signada

AVISO: A DETECCIÓN DE PLAXIO NALGÚN DOS TRABALLOS PROPOSTOS SUPORÁ A PERDA DO DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA.

2. AVALIACIÓN GLOBAL

Os alumnos que non fagan avaliación continua farán unha proba final que valerá o 100% da nota, que se realizará nas datas oficiais establecidas polo centro.

Nesta proba haberá unha parte teórica e unha parte práctica que abrague tanto exercicios de comprensión coma de expresión signada e de análise gramatical, semellantes aos desenvolvidos nas aulas da materia.

Avaliarase a competencia signada, comprensión e expresión (60%), a aprendizaxe de contidos (20%) e a aplicación dos coñecementos na análise da lingua (20%)

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Na convocatoria de xullo farase unha proba final que valerá o 100% da calificación.

Nesta proba haberá unha parte teórica e unha parte práctica que abrague tanto exercicios de comprensión coma de expresión signada e de análise gramatical, semellantes aos desenvolvidos nas aulas da materia.

Avaliarase a competencia signada, comprensión e expresión (60%), a aprendizaxe de contidos (20%) e a aplicación dos coñecementos na análise da lingua (20%).

A proba realizarase na data oficial establecida polo centro.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000