Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua de signos española I
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Nesta materia se parte dun nivel cero de LSE, polo que non é necesario ter coñecementos previos. Recoméndase encarecidamente a asistencia ás clases, a participación activa nas mesmas e o traballo regular, así como o uso dos recursos da biblioteca. Tamén se debe ter en conta: 1.A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. 2. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma MooVi e de estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as distintas probas de avaliación. A modalidade de avaliación "resolución de problemas" farase na aula. 3. O alumnado visitante en programas de intercambio con universidades estranxeiras non precisa coñecementos previos de LSE pero deberá ter en conta que a parte teórica se impartirá en galego. 4. Ademais dos contidos e pertinencia dos exercicios e exame escrito, valorarase a corrección lingüística dos mesmos. Ao final desta materia espérase alcanzar o nivel A1.1. en LSE.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000