Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua de signos española I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Exercitación na aula de destrezas de comprensión e expresión en LSE. 20 A5
B5
B6
C15
D1
Presentación Exposición por parte do alumnado ante a clase dun tema sobre contidos da materia 15 A5
B5
B6
C15
D1
Exame oral Exame sobre competencias de comprensión e expresión en LSE. 40 A5
B5
B6
C15
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame sobre coñecementos da parte teórica. 25 A5
B5
B6
C15
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O procedemento
ordinario de avaliación é a avaliación continua.
Dada a natureza práctica da materia recoméndase encarecidamente a asistencia
regular ás clases.

PRIMEIRA EDICIÓN
DE ACTAS

A nota final
calcularase a partir das notas parciais obtidas en cada ítem de cualificación,
aplicando as porcentaxes de puntuación especificadas no apartado anterior. Para
aprobar é preciso obter unha media ponderada igual ou superior a 5 e unha nota mínima de 5 no exame de competencias de comprensión e expresión en LSE.

O alumnado que
non consiga superar a materia na primeira edición das actas será avaliado na
segunda edición mediante un exame baseado nos contidos ou destrezas suspensos da
materia.

Todas as probas
cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade do contido das
respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico.

O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse ao exame
correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira edición de
actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas durante o curso.

Do alumnado que
segue o proceso de avaliación continua espérase que participe de maneira activa
no desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento
da materia nas clases ou a través de MooVi e estar ao tanto das datas de
realización e entrega das tarefas e exercicios.

Excepcionalmente,
haberá unha modalidade de avaliación única na primeira edición de actas para aquelas/es estudantes que por motivos
xustificados non poidan facer un seguimento regular da materia. Esta situación deberá
ser comunicada argumentadamente á profesora coordinadora da materia ao comezo
do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase). A avaliación constará
dun exame práctico de destrezas en LSE que constituirá o 75% da cualificación
final e un exame teórico que contará nun 25%. Este exame terá lugar despois do
período de docencia, na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posíbel. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de MooVi.

SEGUNDA EDICIÓN
DE ACTAS

Tanto na
avaliación única coma na continua, na segunda edición de actas a avaliación
levarase a cabo mediante un exame baseado nos contidos e destrezas suspensos da materia.
Este exame constará dunha parte práctica e unha teórica. A primeira contará nun
75% e a segunda nun 25% da porcentaxe total da cualificación.

Este exame terá
lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000