Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Tecnoloxías da linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliación dos exercicios prácticos e problemas realizados en clase sobre os contidos da primeira parte da materia.
25 A3
A4
B3
B9
C12
D3
Resolución de problemas Avaliación dos exercicios prácticos e problemas realizados en clase sobre os contidos da segunda parte da materia. 20 A3
A4
B3
B9
C12
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba parcial correspondente aos contidos impartidos na primeira parte da materia, en data por determinar na última semana de clase de marzo ou na primeira de abril.
O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, as cuestións que se lle expoñan no exame.
30 A3
A4
B3
B9
C12
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba parcial correspondente aos contidos impartidos na segunda parte da materia, na data que determine a Facultade para os exames finais de maio.
O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, as cuestións que se lle expoñan no exame.
25 A3
A4
B3
B9
C12
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A procedemento ordinario de avaliación é a avaliación continua, a cal presupón a asistencia e participación regular ás clases e a realización das prácticas e exercicios que se propoñan nelas.
Por tanto, aquelas e aqueles estudantes que nalgunhas das dúas partes da materia asistan a menos do 75% das clases ou entreguen (cun nivel aceptable) menos do 75% dos exercicios propostos só poderán ser avaliados polo procedemento de avaliación única (vid. infra). En caso de presentarse a un examen parcial, este non sería avaliado.
Nos exames parciais, a nota mínima para aprobar é un 5. Quen non acade esa puntuación mínima (e cumpra o requisito previo de asistencia e participación regular) poderá examinarse na segunda oportunidade só das partes supensas.
A nota final calcularase a partir das notas parciais obtidas en cada item de cualificación, aplicando as porcentaxes de puntuación especificadas no apartado anterior. Para que poida calcularse a media ponderada (e por tanto para poder aprobar polo procedementeo de avaliación continua) é preciso ter aprobado cada ítem de puntuación por separado, isto é, debe cumprirse o mínimo de asistencia e entrega de exercicios e deben estar aprobados os dous exames parciais.
Todas as probas cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e o seu rigor académico.
Do alumnado que segue o proceso de avaliación continua espérase que participe de maneira activa no desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da materia nas clases e estar ao tanto das datas de realización e entrega das tarefas e exercicios.

Haberá tamén unha modalidade de avaliación única para aquelas/es estudantes que, por calquera motivo, non poidan facer un seguimento regular da materia. A avaliación constará dun exame único baseado nos contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar despois do período de docencia, na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través das clases, de MooVi, e das referencias bibliográficas recomendadas.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición das actas, aquelas/es estudantes que cumpren as condicións da avaliación continua conservarán a puntuación das prácticas, exercicios e exames aprobados e deberán realizar só o exame ou exames parciais suspensos.
Para os/as restantes estudantes que non superaran a materia na primeira edición, a avaliación levarase a cabo mediante un
exame global de toda a materia, que constituirá o 100% da cualificación.
O exame terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000