Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Gramática práctica galega
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentación oral que permita avaliar a capacidade comunicativa oral en galego con corrección e aplicando os coñecementos adquiridos durante o curso [BLOQUE_4 do tema 3]. 15 A4
B10
C6
C13
D2
Resolución de problemas Aplicación a través de exercicios e prácticas do visto na aula para a produción, corrección e análise de discursos escritos e orais en galego. O valor dos diferentes bloques é o seguinte:
BLOQUE_2: 12%
BLOQUE_3: 10%
BLOQUE_4 do tema 2: 7%
32 A4
B4
B10
C7
C11
D2
Traballo tutelado Creación de entradas para un dicionario galego de termos gramaticais en liña [BLOQUE_1]. 9 B10
C6
C13
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Ó longo do curso realizaranse diferentes probas para avaliar a adquisición de coñecementos e capacidades do estudantado.
BLOQUE_1: 9%
BLOQUE_2: 15%
BLOQUE_3: 10%
BLOQUE_4 do tema 3: 9%
40 A1
B4
B7
C8
C13
D1
D2
Observación sistemática Valorarase a asistencia e participación activa do alumnado nas aulas presenciais. 1% por cada un dos catro bloques da materia. 4 D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua (as diferentes prácticas, exercicios e actividades iranse entregando regularmente nas datas que se vaian marcando na aula e na plataforma de teledocencia):
Para poder realizar a media final de todas as cualificacións obtidas cómpre alcanzar unha cualificación mínima (de 4 sobre 10) en cada un dos catro bloques.
Os bloques que se superen na primeira edición das actas conservaranse para a segunda.
A copia ou plaxio será cualificada como 0 na parte ou bloque en que se produza.

Avaliación única
Aínda que se aconsella a avaliación continua, quen opte pola avaliación única deberá contactar cos docentes da materia para planificar o traballo obrigatorio (10% BLOQUE_1), a exposición oral en galego tamén obrigatoria (20% BLOQUE_4 do tema 3) e realizará un exame escrito (algunha parte del tamén pode ser oral) sobre os contidos vistos nos catro bloques da materia (70%) na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía e Tradución.
A copia ou plaxio implicará unha avaliación de 0 na edición das actas en que se produza.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000