Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita en galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valórase a participación activa na clase por medio de intervencións orais ou entrega de exercicios que se pidan durante a aula así como a asistencia ás clases, sempre que sexa máis dun 80% delas. Non se puntúa neste apartado cando as horas de non asistencia suman máis de 12 horas. 5 A2
B8
C6
D3
Resolución de problemas Durante o curso, o profesorado especificará que actividades ou traballos son avaliables, así como o seu prazo de entrega. Especificamente, e de xeito obrigatorio, cada alumno/a redactará un "Traballo académico escrito obrigatorio" (2 p.) sobre un tema que se indicará o primeiro día de clase.
Igualmente, ó longo do cuadrimestre o alumnado deberá entregar a redacción de tres breves textos de diferente tipo (1 p.).
35 A5
B1
B4
B9
C1
C5
C6
C12
D2
Exame de preguntas obxectivas Realizarase un exame escrito na última semana de clase do cuadrimestre sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Existe a posibilidade de realizar un exame parcial previo, liberador de materia, que tería lugar provisoriamente a finais de outubro. Para aprobar a materia é necesario ter máis dun 5 (sobre 10) neste exame. Fará nota media co "Exame de preguntas de desenvolvemento". 25 B1
B9
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase un exame escrito na última semana de clase do cuadrimestre, que será o mesmo día có "Exame de preguntas obxectivas" no que o alumnado deberá identificar, corrixir e comentar usos e erros lingüísticos en textos escritos e/ou orais. Existe a posibilidade de realización dun exame parcial previo, liberador de materia, que tería lugar provisoriamente a finais de outubro. Para aprobar a materia é necesario ter máis dun 5 (sobre 10) neste exame. Fará nota media co "Exame de preguntas de obxectivas". 25 A5
B1
B8
C1
C5
C6
Exame oral Realizarase un exame oral consistente nunha exposición oral breve (5 minutos) na última semana do curso sobre un tema que se indicará. Avalíase a soltura de exposición en lingua galega, a corrección gramatical e léxica e especialmente o dominio dos trazos fónicos definidores do galego. O alumnado tamén deberá resolver unha proba oral previamente entregada. Estas probas poderán ser presenciais ou entregadas nun formato dixital de vídeo ou audio. Para aprobar a materia é necesario obter máis dun 5 (sobre 10) en esta parte. 10 A2
B4
B8
C1
C6
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia: 

a) AVALIACIÓN CONTINUA, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba e deberá superar o 5 (sobre 10). De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesorado poderá mandar repetilas. En todo caso, para aprobar a materia  na convocatoria oficial de maio (1ª oportunidade), o/a alumno/a  deberá ter aprobado (nota de 5 sobre 10) as probas de "Exame de preguntas obxectivas", "Exame de preguntas de desenvolvemento" e de "Exame oral". Tamén deberá ter entregado obrigatoriamente o "Traballo académico escrito obrigatorio".

Na convocatoria oficial de xuño (2ª oportunidade), o/a alumno/a suspenso deberá repetir os "Exames" escritos e/ou orais non superados e, en caso de non o ter feito,  entregar o "Traballo académico escrito obrigatorio" . 

No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única". 

b) AVALIACIÓN ÚNICA. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun "Exame final único escrito" (7.5 p.), que se realizará no día que dispoña o calendario oficial de exames de maio da Facultade; ese mesmo día deberá entregar o "Traballo académico escrito obrigatorio" (1.5 p.) e facer a súa "Exposición oral" (1 p.). 

No caso de non superar ese exame (menos de 3.5)  e/ou non entregar o "Traballo académico escrito obligatorio"  e/ou   a "Exposición oral" (menos de 0.5p.),  o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito e/ou entregar o traballo obrigatorio e/ou  facer a exposición na convocatoria de xuño, na data oficial de exames que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000