Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita en galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Terá lugar o primeiro día da clase. Comentarase como será o desenvolvemento da materia.
Lección maxistral O profesorado desenvolverá os aspectos teórico-prácticos relacionados cos contidos da materia e explicará as bases teóricas e/ou directrices de traballos e exercicios que deberá desenvolver o alumnado.
Resolución de problemas O docente colgará no MOOVI da materia actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados con contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase especial atención á corrección ortográfica, gramatical e léxica dentro da construción de textos de diferente tipo e tanto orais coma escritos. Naqueles casos en que o profesorado entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia preparados. O profesorado dará indicacións daqueles que son puntuables para a avaliación final.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000