Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita en galego
   Contidos
Tema Subtema
1.Comunicación oral e comunicación escrita en galego -Comunicación: verbal e non verbal. Lingua oral e lingua escrita.
-A competencia comunicativa (lingüística, discursiva, pragmática, sociolingüística, estratéxica) en galego.
-Ferramentas para o estudo e uso do galego: dicionarios, gramáticas, corpus lingüísticos, manuais de aprendizaxe, correctores... e a súa aplicación.
-A variedade estandar galega e as outras variedades: dialectais, diastráticas e diafásicas.
2. O estándar oral galego -Criterios para unha boa pronuncia do galego: os dicionarios de pronuncia.
-Ortoepia do galego: pronuncia de <e>, <o>, <nh>, -n>, <ll>, <x>..., realización fónica dos encontros vocálicos e entre consoantes e vogais na cadea falada.
-Estándar oral e variación fonética.
3. O estándar escrito do galego -Criterios na elaboración da lingua estándar: as NOMIG.
-Usos problemáticos de grafías, acentuación, maiúsculas. Cuestións de ortotipografía.
-Estilo e cualidade lingüística: uso de construcións gramaticais e léxico diferenciais do galego.
4. Redacción, construción e exposición de textos en galego -Elaboración de textos orais e escritos: adecuación, coherencia e cohesión.
-A corrección gramatical e léxica do texto en galego: o uso de gramáticas e dicionarios. Aplicación de correctores lingüísticos.
-Normas de presentación dos textos académicos.
-Exposición oral e lectura de textos académicos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000