Achegamento aos conceptos, elementos e mecanismos que interveñen na composición dun texto teatral, coa finalidade de adquirir unha base teórica e práctica sobre a escritura dramática. Teranse como referencia textos recoñecidos, tanto clásicos como contemporáneos, con vistas ao desenvolvemento de breves pezas de creación propia.