Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Estética: Palabra e imaxe
   Competencias
Código Descrición
CB1 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB2 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG2 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
CG3 Capacidade do estudantado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos e literarios.
CG5 Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título.
CG6 Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
CG9 Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías.
CE3 Coñecemento da literatura galega, española e portuguesa.
CE6 Coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria.
CE7 Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da teoría e crítica literaria.
CE10 Coñecemento dos conceptos e métodos da literatura comparada.
CE18 Capacidade para localizar, utilizar e aproveitar a información contida en bases de datos e outros instrumentos informáticos e Internet.
CT2 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
CT5 Capacidade de xerar novas ideas.
CT8 Habilidade para traballar de forma autónoma.
CT10 Capacidade de análise e síntese.
CT11 Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente.
CT12 Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000