Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura hispanoamericana I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da profesora de contidos sobre a materia obxecto de estudo. Nestas sesións entregarase e comentará unha bibliografía detallada de cada un dos bloques do temario. A medida que se impartan os temas incorporarase en Moovi unha presentación en power point dos puntos desenvolvidos e documentación complementaria.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan exercicios e/ou problemas relacionados coa materia e as lecturas obrigatorias.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o estudiantado, así como a explicar os pormenores do curso: temario, lecturas obrigatorias, ferramentas de Moovi, probas e avaliación. Recoméndase ao estudiantado que de non poder asistir a esta sesión inicial póñase en contacto coa docente a través de correo ou solicitando unha titoría.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000