Alumnado presencial Serán valoradas, cunha porcentaxe do 20% da nota, as diferentes probas, que de forma paralela a cada un dos temas do temario, pediranse ao estudantado. A entrega destes exercicios realizarase a través da plataforma Moovi no prazo acordado. Quen non entregue as actividades nas datas sinaladas deberá presentarse á avaliación única. Serán valoradas, cunha porcentaxe do 80% da nota, os tres exames de comentario de texto que se programarán ao longo do curso. Quen non se presente a estes exames deberá presentarse á avaliación única.
A nota resultante da avaliación continua será a suma de ata un 20% do total de resolución de problemas e ata un 80% do total das probas de desenvolvementos. As alumnas e alumnos que non alcancen o aprobado poderán presentarse á avaliación única, na data oficial correspondente.
A avaliación única consistirá na realización dun exame nas datas sinaladas pola Facultade nas convocatorias de maio e xuño/xullo. No devandito exame o estudantado deberá contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. Alumnado semipresencial É altamente recomendable a asistencia á presentación da materia o primeiro día de clase. É necesario que se dean de alta en Moovi para a consulta do material e entrega de probas. Para optar á avaliación continua é obrigatorio, se non se pode asistir á primeira sesión presencial da materia, solicitar a través do correo e ao comezo do curso unha titoría coa profesora. Se non se asiste presencialmente á primeira sesión ou non se solicita dita titoría, a docente entenderá que se opta pola avaliación continua. Para ter dereito á avaliación continua o estudantado semipresencial deberá realizar, obrigatoriamente, as actividades sobre cada tema que se proporcionarán en Moovi e entregalas no prazo acordado, así como os tres exames programados ao longo do curso. Se é o caso de non poder asistir presencialmente aos devanditos exames débese notificar á docente, a cal propoñerá o exame vía telemática. Se non se entregan estas probas nas datas marcadas nin se realizan os exames deberá presentarse á avaliación única. A nota resultante da avaliación continua será a suma de ata un 20% do total de resolución de problemas e ata un 80% do total das probas de desenvolvementos. As alumnas e alumnos que non alcancen o aprobado poderán presentarse á avaliación única, na data oficial correspondente. A avaliación única consistirá na realización dun exame nas datas sinaladas pola Facultade nas convocatorias de maio e xuño/xullo. No devandito exame o estudantado deberá contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. |