Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura española dos séculos XX-XXI
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo Análise crítica dunha novela actual. Terá que entregar un traballo ao final de curso, dun cinco folios (Garamond 10, interlineado sinxelo) 25
Exame de preguntas de desenvolvemento 1. Primeira pregunta dun exame ao final do curso: proporase ao alumno/a unha pregunta que lle permita enlazar críticamente distintos aspectos do programa. 35 CB1
CB2
CB5
CE6
CE9
CT2
Resolución de problemas e/ou exercicios 2. Segunda pregunta dun exame ao final do curso: comentario de texto. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnado presencial:

Para aprobar a materia deben realizarse obrigatoriamente as tres probas. A primeira é un traballo e os dous restantes constitúen o exame que levará a cabo o último día do curso.
O exame final fixado pola Facultade terá as mesmas probas, pero o traballo deberá ser entregado ao final do curso presencial.

Alumnado semipresencial
O alumno/a deberá porse en contacto co profesor para programar a avaliación. Esta consistirá basicamente en comentarios de textos (polo menos tres) e nun traballo orixinal de polo menos 15 folios (interlineado sinxelo, letra tipo Garamond 10) sobre un apartado concreto do programa.
Para a convocatoria de xullo o exame final terá a mesma estrutura. Non hai recuperacións parciais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000