Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura española dos séculos XX-XXI
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Análise crítica dunha novela actual. Terá que entregar á docente un traballo pautado antes da exposición do mesmo na aula. 40 A1
A2
A5
C6
C9
D2
Exame de preguntas de desenvolvemento Proporase ao alumno/a preguntas que lle permitan enlazar críticamente distintos aspectos do programa. 40 A1
A2
A5
C6
C9
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Comentario de texto. 20 A1
A2
A5
C6
C9
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En primeira edición de actas o alumnado ten dereito a elixir entre avaliación continua ou avaliación única.

Avaliación continua: a cualificación final, así como a tipoloxía das probas, resultará da aplicación do arriba exposto, é dicir, deben realizarse obrigatoriamente as tres probas. A primeira é un traballo e os dous restantes constitúen o exame que levará a cabo na data que se acordará ao principio do curso.

No que respecta a a avaliación única, o exame dará conta de todo o temario oficial e equivalerá ao 100% da cualificación. Terá lugar en data fixada pola Xunta de Facultade. Para a segunda edición das actas (mes de xullo, en data oficial fixada pola Xunta de Facultade), así como para as posteriores convocatorias extraordinarias, tan só haberá a posibilidade de avaliación única, a través dun exame que combinará probas prácticas e preguntas breves de carácter teórico ou de aplicación práctica.

O alumnado semipresencial deberá poñerse en contacto co profesorado para programar a avaliación que poderá elixir entre a modalidade continua ou única.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000