Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura medieval galego-portuguesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo previo Valolarase a lectura da bibliografía previa á exposición teórico-práctica dos temas. 15 CG1
CG2
CG9
CE3
CE6
CE7
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT11
Estudo de casos Valorarase a participación dos alumnos na resolución de exercicios e no comentario dos casos propostos na aula. Valolarase a elaboración de pequenos ensaios a partir de lecturas breves, etc. 20 CB1
CG1
CG2
CG7
CE3
CE6
CE7
CE9
CE10
CT2
CT3
CT6
CT8
CT10
CT11
CT12
Traballo tutelado Realización dun traballo escrito (8 folios) sobre un aspecto do temario. 25 CB1
CB2
CG1
CG2
CG7
CE6
CE9
CE10
CT2
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT11
CT12
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización dun exame teórico-práctico. 40 CB2
CE3
CE6
CE7
CE9
CE10
CT10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Primeira edición das actas.

Dúas modalidades de avaliación:

a. A avaliación continua (a descrita máis arriba) que inclúe un exame teórico-práctico que se realizará na data oficial establecida pola FFT (40% da nota).

b. Á parte da avaliación continua, o alumnado ten a posibilidade de optar polo sistema de avaliación única, consistente na realización dun único exame teórico e práctico (70% da nota) sobre todos os contidos da materia, que se realizará na data oficial establecida pola FFT, e na elaboración dun traballo tutelado (30% da nota) que se entregará o mesmo día do exame oficial .

Ao alumnado que opte polo sistema de avaliación continua recoméndaselle a asistencia regular ás aulas.

2. Segunda edición das actas (xullo):

O alumnado terá só opción á avaliación única, consistente na entrega do traballo tutelado (30% da nota) e na realización dun exame teórico sobre os contidos da materia (70% da nota).

Importante: Sexa cal for a modalidade de avaliación e a convocatoria, é preciso participar en todas as probas propostas en cada caso.

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación única, en calquera das dúas edicións das actas, deberá acordar o tema do seu traballo co profesor con antelación  suficiente (mínimo dous meses antes da data de entrega). É responsabilidade do alumnado contactar co profesor para marcar o tema do traballo.

Modalidade semipresencial.

O alumnado en réxime de semipresencialidade poderá consultar os materiais e as prácticas a través da plataforma FAITIC, onde se irán colocando paulatinamente.

Haberá sesións quincenais de titoría, ás que é conveniente que asistan para un mellor seguimento do curso.

A avaliación do alumnado semipresencial, que tamén poderá optar entre avaliación única ou continua, será a mesma que para o alumnado presencial.

Observacións.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.

Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma FAITIC (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000