Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  CB2 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  CB3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  CB4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  CB5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
  CG2 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
  CG3 Capacidade do estudantado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos e literarios.
  CG4 Mellora da capacidade de comunicación en español, galego e portugués en diferentes contextos profesionais, traballando as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas.
  CG5 Capacidade do estudantado para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o título.
  CG6 Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
  CG7 Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüísticos e literarias.
  CG8 Capacidade para participar en debates e actividades de grupo e organizalos, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico.
  CG9 Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías.
  CG10 Integrar coñecementos e poder desenvolver un proceso de comunicación sólido a partir dunha información que, aínda que sexa incompleta, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao proceso comunicativo.
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Perfecto dominio instrumental das linguas galega, española e portuguesa.
  CE2 Coñecemento da gramática das linguas galega, española e portuguesa.
  CE3 Coñecemento da literatura galega, española e portuguesa.
  CE4 Coñecemento básico da lingua latina e a súa cultura.
  CE5 Coñecemento dos conceptos e métodos da análise lingüística.
  CE6 Coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria.
  CE7 Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da teoría e crítica literaria.
  CE8 Coñecemento das correntes teóricas e metodolóxicas da lingüística.
  CE9 Coñecemento de retórica e estilística.
  CE10 Coñecemento dos conceptos e métodos da literatura comparada.
  CE11 Coñecemento da evolución histórica interna e externa do español.
  CE12 Coñecemento da evolución histórica interna e externa do galego.
  CE13 Coñecemento da situación sociolingüística da lingua galega/española.
  CE14 Coñecemento teóricos e metodolóxicos para o ensino da lingua materna.
  CE15 Coñecemento das repercusións lingüísticas e interculturais do contacto de linguas.
  CE16 Coñecemento da historia dos países da Península Ibérica.
  CE17 Capacidade para elaborar textos orais e escritos de diferente tipo.
  CE18 Capacidade para localizar, utilizar e aproveitar a información contida en bases de datos e outros instrumentos informáticos e Internet.
  CE19 Capacidade para avaliar críticamente a bibliografía consultada e encadrala nunha perspectiva teórica.
  CE20 Coñecemento teórico e práctico dos dicionarios do español/galego/portugués nos seus diferentes formatos.
  CE21 Coñecemento teórico e práctico da fonética e da fonoloxía do galego, español e portugués.
  CE22 Coñecemento da situación sociolingüística da lingua portuguesa.
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
  CT2 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
  CT3 Coñecementos xerais sobre a área de estudo (lingüística, linguas galega, española, portuguesa, latina, literaturas, tecnoloxías, estudios culturais)
  CT4 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
  CT5 Capacidade de xerar novas ideas.
  CT6 Capacidade de xestionar a información.
  CT7 Apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
  CT8 Habilidade para traballar de forma autónoma.
  CT9 Capacidade crítica e de autocrítica.
  CT10 Capacidade de análise e síntese.
  CT11 Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente.
  CT12 Respecto pola ética profesional e, en particular, pola propiedade intelectual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000