Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura medieval galego-portuguesa
   Contidos
Tema Subtema
1. Contextualización xeográfica, histórica, cultural, sociolóxica e lingüística da literatura galego-portuguesa medieval.
-O espazo xeográfico, social e político.
-Cultura intelectual e cultura popular. Os espazos da cultura intelectual.
-A difusión da cultura na Idade Media.

2. O concepto de 'literatura' e de 'creación literaria' na Idade Media.

-Tradición e orixinalidade na literatura medieval.
-Literatura para escoitar e literatura para ler.
-A obra manuscrita e os azares da transmisión.
-Os conceptos de autor e de xénero na Idade Media.
3. A lírica profana galego-portuguesa. -Tradición e orixinalidade na poesía medieval.
-Cuestións de poética e de retórica medieval.
-Xéneros ou rexistros poéticos galego-portugueses no contexto románico. A cantiga de amor, a cantiga de amigo, a cantiga de escarnio e maldizer, outros xéneros pouco representados.
-Lírica pretrobadoresca en romance.
-Cronoloxía e xeografía da manifestación cultural trobadoresca galego-portuguesa.
-A transmisión manuscrita.
4. A lírica relixiosa: As Cantigas de Santa Maria. -As CSM no marco da tradición haxiográfica medieval.
-Concepción e evolución do proxecto das CSM.
-A cuestión da autoría das CSM.
-Formas métricas e estróficas das CSM.
-Estrutura interna das CSM narrativas.
-Especificidade das cantigas de loor.
5. A prosa medieval galega. -A materia antiga.
-A materia de Bretaña.
-A materia rolandiana.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000