Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura medieval galego-portuguesa
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET

DOCENCIA NON PRESENCIAL
*Metodoloxías docentes.
En caso de que as circunstancias obriguen a unha docencia non presencial, manteranse a maior parte das metodoloxías docentes, dado que o alumnado disporá na plataforma de ensino virtual Faitic das indicacións puntuais e dos materiais necesarios para acompañar os eventos docentes e divulgativos.
Procurarase restrinxir ao máximo a sesión maxistral e utilizarase a sala virtual do profesorado para as postas en común e resolución de dúbidas, a corrección de exercicios e a resolución de problemas.
En xeral, indicaranse semanalmente os contidos que se van tratar, así como os materiais que deberán consultar e as tarefas que deberán realizar e entregar.

* Titorías (Mecanismo non presencial de atención ao alumnado).
As titorías non presenciais realizaranse por medio da plataforma faitic, a través do correo electrónico e de ser o caso, a través da sala virtual do profesorado.

* Contidos a impartir
Os contidos son os mesmos que na modalidade presencial.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
A bibliografía indicada para a modalidade presencial inclúe manuais materiais para a auto-aprendizaxe.
Na propia plataforma Faitic da materia hai materiais bibliográficos e webgráficos útiles para poder facer unha aprendizaxe autónoma coa supervisión do profesor.

*Avaliación
Mantéñense todas as probas previstas para a modalidade presencial, dado que poden ser realizadas por vía telemática a través de Faitic ou da aula virtual.

* Información adicional
É responsabilidade do alumnado manter o contacto co profesorado así como a súa participación activa no desenvolvemento da docencia, participando nas actividades docentes e realizando as probas de avaliación.
As comunicacións do profesorado co alumnado terán un carácter xeral e irán dirixidas ao grupo, polo que é responsabilidade do alumnado estar pendente desas informacións.
En caso de ter algún problema de tipo técnico que dificulte o acceso á docencia virtual, o alumnado debe poñelo canto antes en coñecemento dos servizos técnicos da universidade (SAUM), onde poderá recibir asesoramento.

====DOCENCIA COMBINADA: PRESENCIAL/NON PRESENCIAL====
Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000