Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Semántica e léxico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo O alumnado deberá entregar dous traballos, un a metade do curso sobre os dous primeiros temas e outro ao final sobre o tema3. 90 CB1
CB2
CB5
CG1
CG2
CG7
CG9
CE1
CE5
CT1
CT2
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT11
CT12
Autoavaliación Haberá probas de autoevalución que o alumnado fará a través da plataforma docente e que se corresponderán con cada un dos subtemas (dependendo da extensión destes). 10 CB1
CB2
CB5
CG1
CG2
CG7
CG9
CE1
CE5
CT1
CT2
CT3
CT6
CT8
CT9
CT10
CT11
CT12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua
Este é o método normal de avaliación e o máis adecuado. O alumnado deberá entregar dous traballos cuxo tema será discutido co profesor, un sobre os dous primeiros temas e outro sobre o último tema.

Avaliación única

Aquel alumnado que, por algunha causa, prefira a avaliación única, fará un exame ao final do cuadrimestre na data oficial que indica a FFT.

Segunda edición de actas

O alumnado que teña que presentarse a esta edición terá que entregar nas datas que marque a FFT os dous traballos establecidos para o curso normal que serán semellantes aos realizados na anterior edición tanto en temática como en extensión.

Semipresenciales

Dado a natureza dos sistemas de avaliación, o alumnado semipresencial está sometido aos mesmos sistemas de avaliación que o presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000