Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Semántica e léxico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo O alumnado deberá entregar dous traballos, un a metade do curso sobre os dous primeiros temas e outro ao final sobre o tema3. 40 A1
A2
A5
B1
B2
B7
B9
C1
C5
D1
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
D12
Autoavaliación Haberá probas de autoevalución que o alumnado fará a través da plataforma docente e que se corresponderán con cada un dos subtemas (dependendo da extensión destes). 20 A1
A2
A5
B1
B2
B7
B9
C1
C5
D1
D2
D3
D6
D8
D9
D10
D11
D12
Exame de preguntas de desenvolvemento A proba consistirá nun exame escrito sobre os contidos da materia. 40 A1
B2
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua
Este é o método normal de avaliación e o máis adecuado. O alumnado deberá entregar dous traballos cuxo tema será discutido co profesor, un sobre os dous primeiros temas e outro sobre o último tema. A avaliación continua tamén inclúe a realización dun exame escrito sobre os contidos da materia. 

Avaliación única

Aquel alumnado que, por algunha causa, prefira a avaliación única, fará un exame ao final do cuadrimestre na data oficial que indica a FFT.

Segunda edición de actas

O alumnado que teña que presentarse a esta edición terá que entregar nas datas que marque a FFT os dous traballos establecidos para o curso normal que serán semellantes aos realizados na anterior edición tanto en temática como en extensión.

Semipresenciales

Dado a natureza dos sistemas de avaliación, o alumnado semipresencial está sometido aos mesmos sistemas de avaliación que o presencial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000