Por defecto, enténdese que o estudantado opta por un sistema de avaliación continua; se así non for, deberá comunicar nas dúas primeiras semanas do curso a súa intención de se presentar á avaliación única permitida pola Universidade de Vigo. -Avaliación continua (para quen (a) asista regularmente ás aulas presenciais e (b) entregue as tarefas respectando os prazos e as indicacións do profesor -(a) e (b) para o estudantado presencial e só (b) para o SEMIPRESENCIAL-): para poder facer a media final ponderada, haberá que superar independentemente traballo, exame escrito e prácticas avaliables. Todas as prácticas, actividades e traballos solicitados teñen que se entregar, para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Aquelas probas que non se superen na primeira edición das actas (xaneiro) poderanse recuperar na segunda edición das actas (xuño/xullo), co límite de entrega situado na data fixada pola FFT para o exame. Se por causa xustificada algún/ha estudante non pode cumprir co requisito (a), deberallo comunicar ó docente, que proporá outras accións compensatorias. -Avaliación única (admitida pola Universidade de Vigo): poderase superar a materia, en calquera das dúas edicións de actas (xaneiro e xullo), a través dun exame final escrito de todos os contidos teórico-prácticos da materia [40%] (que se realizará nas datas fixadas pola FFT no seu calendario oficial) e mais de dous traballos (seguindo as indicacións que se fornezan) [20%-40%]. Cómpre superar tanto o exame coma os traballos (en cada unha das convocatorias) para poder aprobar a materia. É obrigatoria a presentación oral dos traballos (fixarase a data da exposición). Aínda que se opte por un sistema de avaliación única aconséllase a asistencia ás aulas. A copia ou o plaxio, total ou parcial, será avaliado cun cero na proba (traballo, práctica ou exame) en que se detecte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas. Todas as consultas realizadas por correo electrónico serán atendidas no horario de titorías. |