Resolución de problemas |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral.
O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Moovi das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, en función da natureza do exercicio, devolveranse corrixidas, fornecerase un solucionario de autocomprobación ou fixarase unha titoría para explicalas. |
Actividades introdutorias |
Desenvólvense o primeiro día de aulas e, nelas, realízase un percorrido explicativo polos eixes sobre os que pivotará o curso.
O ESTUDANTADO SEMIPRESENCIAL tamén pode asistir a esta sesión. |