Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lexicoloxía e fraseoloxía da lingua galega
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultáneamente
Morfoloxía da lingua galega/V01G400V01901

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español I/V01G400V01101
Lingua: Fundamentos gramaticais do galego e do español II/V01G400V01202
Lingua e comunicación oral e escrita: galego/V01G400V01301
 
Outros comentarios
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que é o plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nesta cuestión. Facilitarase nova bibliografía nas clases e mais a través de Faitic. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. Recoméndase o manexo frecuente de fondos e recursos da biblioteca. As porcentaxes de asistencia a clase e as datas de entrega de traballos ou exames poden flexibilizarse por mor de problemas xustificados de conciliación. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades da materia a través da plataforma Faitic así como a de coñecer as datas nas que terán lugar as correspondentes probas de avaliación. Os estudantes de intercambio deben posuír un nivel B2 de galego para o adecuado seguimento da materia. Os mencionados comentarios e recomendacións hanse de aplicar ao alumnado semipresencial, que unicamente ten esixida a presencialidade para exames escritos ou orais.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000