Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sintaxe da lingua galega I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Durante o curso, o docente especificará que actividades
prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar a análise sintáctica de 4 textos propostos polo profesorado, o resumo crítico de 3 artigos da "Bibliografía", antes do exame escrito, e a redacción de 3 textos de diferente tipo. Tamén se valorará a participación activa na resolución e comentario das outras actividades. Estas actividades tamén son obrigadas para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL.
35 CB1
CB2
CB5
CG7
CG8
CE1
CE2
CE5
CE8
CT1
CT2
CT5
CT8
CT10
CT12
Lección maxistral Valorarase a asistencia ás clases maxistrais, sempre e cando sexa máis do 80% delas así como a participación nelas. Para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL esta puntuación súmase á parte "Resolución de problemas ou exercicios". 5 CB2
CG1
CG7
CG8
CT1
CT10
CT11
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizarase unha única proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos da materia na última semana de clases.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizará os exames sempre de xeito presencial na mesma data có resto do alumnado.
O alumnado de avaliación única, sexa semipresencial ou presencial, realizará un exame escrito na data que dispoña o calendario oficial de exames da convocatoria de decembro/xaneiro da Facultade.
60 CB2
CG7
CE1
CE2
CE5
CE8
CT1
CT2
CT10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Existen dous sistemas de avaliación da materia:
a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e entregue as tarefas de
avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. É obrigatoria a entrega dos 3 resumos críticos das lecturas de 3 artigos da bibliografía asi como de 3 redaccións de textos de diferente tipo. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de decembro/xaneiro, o/ alumno/a polo menos deberá ter aprobado o apartado "Exame de preguntas de desenvolvemento" que se celebrará a última semana de clase. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL tamén se examinará ese día co resto do alumnado. De non superar esas probas escritas, o alumnado deberá examinarse dun exame escrito na convocatoria oficial de xullo, nas datas oficiais que dispoña o calendario oficial da Facultade. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases e a entrega en tempo das tarefas, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema de "Avaliación única".
b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de decembro/xaneiro deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito que se realizará na data oficial que dispoña o calendario oficial de exames da convocatoria de decembro/xaneiro da Facultade. En caso de non superar ese exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito na convocatoria de xuño/xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000