Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma |
Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar nas datas indicadas a transcrición fonética estreita de 4 textos propostos polo docente e, obrigatoriamente, o resumo crítico de tres artigos que se indican na "Bibliografía" (antes do 13 de decembro).Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. O alumnado de avaliación única deberán realizar obligatoriamente un "Traballo titorado", para o cal deberán pórse en contacto co profesor.
O dito anteriormente é tamén válido para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL. |
25 |
A1 A5
|
B1 B7
|
C1 C5 C17 C21
|
D1 D2 D8 D11
|
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Realizarase unha proba escrita de resposta longa na última semana de clase sobre os contidos teórico-prácticos da materia (provisionalmente o 13 de decembro). Esta proba coincidirá o mesmo día cás probas de resposta curta. O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL realizará os exames sempre de xeito presencial na mesma data có resto do alumnado.
O alumnado de avaliación única, sexa semipresencial ou presencial, realizará este exame escrito na data que dispoña o calendario oficial de exames de decembro/xaneiro da Facultade. |
30 |
|
B2 B7
|
C1 C5 C8 C17 C21
|
D2 D10
|
Existen dous sistemas de avaliación da materia: a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. É obrigatorio entregar os tres resumos de bibliografía antes do 13 de decembro. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. En todo caso, o/a alumno/a, polo menos, deberá ter aprobado os apartados de "Probas de resposta curta" e "Probas de resposta longa"; estes exames escritos realizaranse na última semana de clase, provisionalmente o 13 de decembro. De non superar a materia na convocatoria de decembro/xaneiro, o alumnado deberá realizar un exame escrito na convocatoria oficial de xullo. Na semana final de clases tamén se realizará un exame oral individual, que o alumnado deberá superar para aprobar a materia. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia regular ás clases e a entrega das tarefas deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".
b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de xaneiro/decembro deberá entregar obrigatoriamente un "Traballo tutelado" (20% da nota final) o día do exame escrito e examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame escrito final único (70%) que se celebrará na data que dispoña o calendario oficial de exames da Facultade; ese mesmo día farase tamén un exame oral (10% da nota). De non superar a materia en decembro/xaneiro, o alumnado deberá repetir as partes suspensas na convocatoria de xullo, na data que dispoña a Facultade. O/A alumno/a deberá superar obrigatoriamente o exame oral para aprobar a materia. O "Traballo tutelado" consistirá na gravación, transcrición e comentario dun texto do galego oral. Deberán poñerse en contacto co profesor para máis detalles deste traballo. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren. |