Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Fonética e fonoloxía da lingua galega
   Contidos
Tema Subtema
I. A análise fonética e fonolóxica do galego. 1. Fonética e Fonoloxía: definición e caracterización. Sons, fonemas e grafías. A transcrición dos sons: os alfabetos fonéticos (AFI e RFE).
2. Fonética da lingua galega. Subdisciplinas: fonética acústica, fonética articulatoria e fonética auditiva. Descrición articulatoria dos sons lingüísticos do galego.
3. Fonoloxía estrutural da lingua galega. Os fonemas. Delimitación e definición. Segmentación e conmutación. Oposición e trazos distintivos. Neutralización e arquifonemas.
II. O sistema vocálico. 1. A posición tónica: fonemas e realizacións. Contextos en que aparece /E, e, O, o/. Fenómenos de variación e interferencia.
2. A posición átona. As vogais pretónicas /E, O/. A realización das vogais postónicas. Fenómenos de variación: modificación, adición e supresión.
III. O sistema consonántico 1. Estrutura do sistema do galego común e outros sistemas.
2. Fenómenos de variación nas consoantes oclusivas (os grupos cultos, a gheada), nas sibilantes (o seseo, o rotacismo, a aspiración), nas nasais (o n velar), nas líquidas (o ieísmo) e nas vibrantes (metátese).
IV. A sílaba. Ditongos, tritongos e hiatos 1. A sílaba: concepto, estrutura e tipos.
2. Ditongos, tritongos e hiatos: definición e caracterización. Fenómenos de variación.
V. A prosodia do galego 1. A fonética sintáctica: o sandhi externo. Resultados de encontros de vogal + vogal, consoante + vogal e consoante + consoante: fenómenos máis frecuentes.
2. Acento e entoación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000