Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Latín e literatura grecolatina
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Seminario Os exercicios sobre lingua ou literatura realizados e recollidos (traducións, comentarios…). 20 CB1
CB2
CG5
CG6
CG9
CE4
CE5
CT5
CT8
CT11
CT12
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas clases prácticas pasaranse "tests" das lecturas e dos coñecementos gramaticais 30 CB1
CB2
CB5
CG5
CG9
CE4
CE5
CT10
Exame de preguntas de desenvolvemento Tradución e comentario (lingüístico e histórico) de textos latinos.
Recoñecemento e contextualización (dentro da obra á que pertence, e con respecto ó autor e época literaria) de fragmentos de obras literarias grecolatinas (en tradución ó galego ou castelán).
50 CG5
CG6
CG9
CE4
CE5
CT2
CT5
CT8
CT10
CT11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Haberá unha proba de conxunto da materia, tanto en maio-xuño como en xullo, nas datas que recolla o calendario oficial da facultade. Esta proba constará de diferentes partes, de xeito que servirá tanto para os alumnos (sexan presenciais ou semipresenciais) que desexen examinarse de toda a materia en proba única, como para aqueles que, mediante avaliación continua, teñan xa superada algunha ou algunhas das partes da materia.

Os alumnos semipresenciais, en caso de non poder asistir a ningunha das clases prácticas nas que se efectuarán probas parciais, poden ser avaliados exclusivamente sobre esta proba de conxunto. No caso de que algún alumno semipresencial poida realizar algunhas das probas parciais, estas poden ser tidas en conta proporcionalmente para a nota final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000