Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Sociolingüística
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas Calquera alumno (presencial ou semipresencial) poderá recabar a axuda do profesor, en titorías ou vía electrónica. Por outro lado, ó comezo de cada clase o profesor abrirá un tempo de consulta de dúbidas sobre os contidos da materia. O profesor daralle a máxima importancia ás devanditas consultas de dúbidas na propia clase, que pasan así a formar parte nuclear da disposición participativa do alumnado e do traballo desenvolto na casa (realización das lecturas, comprensión do explicado, traballo día a día, etc.)
Probas Descrición
Exame de preguntas obxectivas Haberá dous exames liberatorios, con parte teórica e parte práctica. O 1º o xoves 12 de marzo de 2020 (da primeira metada da materia). O 2º na data de maio que no calendario oficial de exames da facultade se estipule como a do exame oficial desta materia para a sesión de maio (segunda parte da materia). Nos dous exames inclúense todas as lecturas obrigatorias de cadansúa parte, ademáis dos contidos teóricos e prácticos respectivos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000