Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Obras principais das literaturas galega e lusófona
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O desenvolvemento da aula farase a partir de explicacións sobre cada tema nas que se vaian introducindo tamén os textos pertinentes.
O alumnado semipresencial deberá asistir a sesións de titoría, que se celebrarán a razón de unha por mes, aproximadamente. Ademais, disporán en Faitic de cuestionarios, apuntamentos, presentacións gráficas e vídeos e outro material diverso que consideren os profesores.
Traballo tutelado Serán necesarios ás veces para completar as explicacións da aula. O alumnado semipresencial deberá realizar os mesmos traballos presentándoos por escrito, via correo electrónico ou segundo acorde cos profesores.
Resolución de problemas Na aula faremos lecturas e comentarios dos textos máis salientables, dedicándolle a última parte de cada unha das sesións, que o alumnado deberá completar con outras lecturas e comentarios suxeridos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000