Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Lingua e comunicación oral e escrita: español
   Competencias
Código Descrición
CB1 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB2 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
CG9 Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías.
CE1 Perfecto dominio instrumental das linguas galega, española e portuguesa.
CE2 Coñecemento da gramática das linguas galega, española e portuguesa.
CE20 Coñecemento teórico e práctico dos dicionarios do español/galego/portugués nos seus diferentes formatos.
CT2 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
CT10 Capacidade de análise e síntese.
CT11 Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000