Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Plan de Continxencias
 
Descrición
DESENVOLVEMENTO DA MATERIA NO CASO DE EMERXENCIA SANITARIA

1. Desenvolvemento da materia
No que respecta á metodoloxía “Lección maxistral” sería sustituida polo aporte de materiais de diverso tipo a través da plataforma faitic e a través de clases e titorías virtuis co grupo.
Do mesmo xeito que nunha situación docente normal, o alumnado recibirá as referencias bibliográficas correspondentes a cada tema e lecturas obrigatorias do programa a través do faitic. É moi importante, por isto, que preste a máxima atención aos avisos e materiais que se subirán á plataforma.

2. Avaliación
a) Caso de situación de ausencia total de presencialidade: un 50% da cualificación corresponderá á suma dos resultados de traballos e/ou comentarios escritos sobre cada tema do programa (que o alumnado remitirá á profesora no tempo e forma requeridos; é obrigada a entrega de todos e cada un dos traballos e comentarios para que sexa avaliada esta parte da materia. A non presentación dun traballo/comentario supón un cero nese exercicio, que se sumará ao resto das calificacións para facer media) e un 50% ao exame final da materia.

b) Caso de situación combinada entre presencialidade e non presencialidade: aplicarase o mesmo criterio que na situación anterior.

En ningún caso se modifican, en cambio, os requisitos para superar as probas. Será requisito para aprobar cada unha das actividades a correcta expresión oral e escrita, é dicir, o uso pertinente dos signos de puntuación, a corrección ortográfica, a orde e claridade na exposición e a limpeza dos exercicios. Por outro lado, naquel tipo de probas no que se faga uso de fontes bibliográficas secundarias, estas terán que aparecer referidas adecuadamente; plaxiar unha fonte, é dicir, transcribila literalmente facéndoa pasar por discurso propio, invalidará inmediatamente o exercicio.

Para o alumnado semipresencial, no caso de producirse esta emerxencia, o desenvolvemento e avaliación da materia coincidirá coa do alumnado presencial (nos termos arriba expostos).

Por outro lado, de se impor unha modalidade docente mixta, na que unha parte do estudantado permanecerá na clase, seguindo a outra parte as clases dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono dependendo da ferramenta que mellor se adapte a cada unha, as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que na modalidade presencial, adaptando os grupos e quendas para cumprir coa normativa sanitaria.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000