Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Filosofía: Introdución ás ciencias humanas e sociais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que ten que desenvolver o alumnado.

No caso do réxime semipresencial, o alumnado disporá dos materiais teóricos na plataforma de ensino virtual Faitic
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral.

Para o réxime semipresencial, o alumnado disporá dos materiais de prácticas na plataforma de ensino virtual Faitic, ou no seu caso, adquirilos no servicio de reprografía da facultade.

O alumnado semipresencial deberá facer as mesmas lecturas, que serán
traballadas nas sesións de titorías grupais presenciais acordadas para o cuadrimestre (un mínimo de 3).
Presentación Exposición por parte do alumnado, ante o docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto etc. Pódese realizar de maneira individual ou en grupo.

Para o alumnado semipresencial as presentacións faranse a través dos dispositivos dispoñibles na plataforma Faitic
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000