Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora do estudantado, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0 CB1
CB2
CB3
CB4
CE4
CE5
CE8
CE17
CE22
CE27
CT14
CT16
CT22
CT23
Traballo tutelado O alumnado realizará dous traballos tutelados. No primeiro traballo cada estudante, de maneira individual, redactará un documento breve de síntese en que reflexione sobre os aspectos do libro de lectura obrigatoria que se lle indiquen e relacione ditos aspectos cos contidos do curso. Será obrigatorio entregar este traballo para poder aprobar a materia e asignaráselle un 10% da cualificación final. Data de entrega: mércores, 14 de marzo de 2018. Lugar: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC.
No segundo traballo, o alumno presentará unha traducción realizada en grupo (se as condicións de matrícula o permiten), xunto cunha serie de tarefas que se lle propoñerán como parte do traballo. A este traballo asígnaselle un 25% da nota final da materia e é obrigatorio presentalo para poder aprobar a materia. Data de entrega: xoves 10 de maio de 2018. Lugar: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC e caixa do correo nº52.
35 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE4
CE5
CE8
CE15
CE17
CE21
CE22
CE27
CT3
CT6
CT8
CT12
CT14
CT16
CT22
CT23
Resolución de problemas Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirá e puntuará unha das tarefas propostas (a mesma para todo o alumnado do curso). 25 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE4
CE5
CE8
CE15
CE17
CE21
CE22
CE27
CT5
CT6
CT14
CT15
CT22
CT23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na primeira semana de maio de 2018, na última sesión do curso, os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Para superar a materia é obrigatorio aprobar esta proba. Se houber algún cambio sobre a data prevista, comunicarase a todos os estudantes matriculados con suficiente antelación. 25 CB2
CB4
CB5
CE17
CE22
CT15
CT22
Probas de resposta curta Ao remate do tema 1, os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Para aprobar, dun total de oito preguntas, deben responder correctamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data da proba: segunda sesión de clase da semana do 26 de febreiro ao 2 de marzo de 2018 na aula correspondente. De haber algún cambio, a data exacta notificaraselle ao alumnado matriculado con suficiente antelación a través e FAITIC. 15 CB1
CB2
CB3
CB4
CE4
CE26
CE27
CT15
CT22
Probas de autoavaliación Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE4
CE5
CE8
CE15
CE17
CE21
CE22
CE26
CE27
CT3
CT5
CT6
CT8
CT12
CT14
CT15
CT16
CT22
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo no relativo aos dereitos e deberes do alumnado. Xa que logo, o alumando ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento que se especifica nesta guía docente. 

O alumnado que se encontre en situacións excepcionais que poidan ser documentadas, como as de embarazo, enfermidade ou lesión, ou que compaxine a vida universitaria coa actividade laboral, ten dereito a recibir unha consideración especial, polo que estas situacións deberán ser notificadas na primeira semana do curso ou no momento en que se produzan para que a docente poida adoptar as medidas oportunas.

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no rexime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado. Independentemente da oportunidade ou sistema de avaliación seleccionados, é responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ao tanto das datas de entrega de traballos e realización de probas de avaliación.  

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (MAIO): 

Na primeira oportunidade de avaliación, o estudantado deberá escoller entre os dous sistemas de avaliación que se describen a continuación: avaliación continua e avaliación única. A aceptación da avaliación continua implicará a aceptación das condicións que se indican a continuación e a renuncia á avaliación única.

Condicións do sistema de avaliación continua:

O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións na primeira oportunidade de avaliación, sempre que cumpran os seguintes requerimentos:

- Deixar constancia por escrito a través da plataforma TEMA da vontade e do compromiso de acollerse á modalidade de avaliación continua na primeira semana do curso. Para iso habilitarase un formulario en FAITIC que se entregará no exercicio creado para tal efecto. 

- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes: 

a) Traballo tutelado sobre o libro de lectura. Data límite de entrega: 14 de marzo de 2018.

b) Proxecto de tradución directa. Data límite de entrega: 10 de maio de 2018.

c) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. Data de realización: 2ª sesión de clase da semana do 26 de febreiro ao 2 de marzo.

d) Proba práctica de tradución directa. Data de realización: Última sesión do curso na primeira semana de maio.

Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 

Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

Criterios de avaliación empregados no sistema de avaliación continua:

Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse en FAITIC para que todo o alumnado matriculado na materia poida acceder a eles.

De maneira xeral, en calquera das probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

-       Cometan máis de dúas faltas de ortografía (cada falta de ortografía suporá unha penalización de 2 puntos sobre a cualificación da tarefa ou proba). 

-       Incurran en plaxio total ou parcialmente. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese aspecto.

-       Incumplan as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba. 

-       Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN. 

Que ocorre se non quero acollerme ao sistema de avaliación continua?

O estudantado que deixase constancia por escrito a través de FAITIC durante a primeira semana do curso da súa vontade de non acollerse ao sistema de avaliación continua entregando o formulario que se poñerá á súa disposición a través de FAITIC, perderá o dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un exame na data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (30%) Para aprobar esta parte da proba será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (60%).

Para desenvolver este exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

Neste exame obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

-       Cometan máis de dúas faltas de ortografía (cada falta de ortografía suporá unha penalización de 2 puntos sobre a cualificación da proba). 

-       Incurran en plaxio total ou parcialmente. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese aspecto. 

-       Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións). 

-       Incurran en plaxio total ou parcialmente. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese aspecto.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XULLO): 

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, O ESTUDANTADO DEBERÁ APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses): 

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (30%) 

2. Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (60%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

 En calquera das probas obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía. 

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese aspecto.

*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:

1. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

2. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos.

3. O método científico.

4. Metas da linguaxe científica.

5. Elementos e características do estilo científico-técnico.

6. Notación científica e unidades de medida.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000