Establécense dous sistemas de avaliación. O primeiro sistema de avaliación, de natureza continua, esixe unha asistencia continua ás sesións presenciais acordadas. Tal sistema de avaliación
baséase na realización de actividades, unha proba presencial e dúas tarefas. Por unha banda, as actividades e a proba presencial representan o 60% da
nota final. A devandita proba presencial, que se ha facer na penúltima sesión, consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos vistos
nas sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo material
auxiliar. Por outra banda, as dúas tarefas proporcionan cada unha delas un 20% da nota
final. O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de
xeito frecuente para a convocatoria de maio e tamén para a convocatoria de xullo,
é unha proba única de pretradución e/ou tradución referida aos contidos do
programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos
en formato papel. A data da convocatoria establecerase ao longo do curso e avisarase por FAITIC. A data da convocatoria de xullo será fixada polo Decanato. A copia ou plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración final negativa. |