Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións
Avalíase a preparación, presentación e o contido.
15 A1
A2
A4
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 10 A2
Traballo tutelado Avalíase a competencia tradutiva. 15 A2
A4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte o exercicio da proba se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
60 A2
C1
C3
C5
C22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Levarase un control de asistencia
mediante folla de sinatura. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir
estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.
A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por
escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non
puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o
alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.
Data de entrega dos traballos tutelados:30 de abril.

A data do exame será a data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.
Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única (convocatorias de maio e xullo)

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia nas datas establecidas pola FFT (maio e xullo).

O exame final poderá incluír cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.
O exame constará de 2 partes: nunha primeira parte o exercicio da proba se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.
Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300 palabras, así como varias preguntas sobre as estratexias tradutivas aplicadas.

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000