Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
[réxime de avaliación continua]
A avaliación terá en conta a capacidade de progresión do alumnado. Polo tanto a nota deste apartado calcularase a partir das 2 mellores de (como mínimo) 4 encargas entregadas ó longo do semestre. |
40 |
A1 A2 A3
|
|
C3 C4 C8 C17 C18 C22 C24 C25 C26 C27
|
D2 D4 D7 D9 D12 D13 D15 D16 D18 D24
|
Saídas de estudo/prácticas de campo |
[réxime de avaliación continua]
Dentro das posibilidades de realización da saída de estudos real, o traballo de campo serve para familiarizarse co lugar e as instalacións dunha entidade cultural que preste a súa colaboración para coñecer ou mesmo protagonizar a súa política tradutora. A entidade poderá ser un museo, un espazo expositivo, un concello, un arquivo, unha oficina de turismo, unha asociación, unha ONG, unha empresa da industria cultural ou en xeral a organizadora dun evento.
Esta experiencia serve para compoñer un limitado corpus de textos para traducir en galego ou en francés.
A nota dos traballos realizados polo alumnado componse da participación activa na saída de estudo (10% da nota final) e da aceptabilidade e calidade do produto traducido (30% da nota final).
En caso de un/ha alumno/a non poder participar na saída (por razóns xustificadas) o/a docente proporalle unha actividade paralela adaptada ás súas circunstancias. |
40 |
A3 A4 A5
|
|
C3 C4 C8 C9 C12 C16 C24 C25 C26
|
D2 D3 D7 D8 D12 D13 D15 D16 D24
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
[réxime de avaliación continua]
Dúas probas de tradución en aula, con control de tempo, que servirán para avaliar capacidades concretas (por exemplo a reactividade) ou respostas diante de dificultades concretas (por exemplo a tradución dos nomes propios). Cada unha das dúas probas contará un 10% da nota final da avaliación continua.
Para estas probas o alumnado non poderá utilizar documentación nin recursos externos, agás cando o tipo de texto precise o uso de ferramentas. Neste caso o docente comunicará as instrucións oportunas coa suficiente antelación. |
20 |
A5
|
|
C3 C9 C12 C17 C18 C22 C27
|
D2 D4 D7 D8 D9 D16 D18
|
Son dous os docentes que imparten este curso. Para aprobar, o alumnado deberá sumar suficientes cualificacións positivas entre todas as actividades das saídas de estudo, da resolución de problemas e de exercicio autónomo impartidas polos dous docentes. O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. O alumnado que non se acolla ó réxime da avaliación continua ou que non xunte as condicións esixidas para seguir en réxime de avaliación continua (non entregar todas as encargas nos prazos sinalados a principios de curso ou non realizar as probas en aula) deberá presentarse ó exame final, que terá lugar na segunda semana de decembro na hora de clase. A data concreta comunicarase a comezo de curso e figurará na información ofrecida via faitic. O exame final (segunda semana de decembro de 2015) consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os problemas atopados e solucións adoptadas. O alumnado que suspenda o exame de decembro deberá presentarse ó exame final de xullo. O alumnado que siga a avaliación continua só deberá realizar as probas suspensas en xullo. O exame de xullo celebrarase o día da convocatoria oficial de xullo que estableza a Facultade. Consistirá nunha proba escrita de tradución e unha proba escrita de resposta longa a modo de comentario sobre os problemas atopados e solucións adoptadas. |